Volltext Seite (XML)
Con estas premisas non e estrano que Brahms acadase a barreira psicolöxica dos cuarenta anos sen estampa-la süa sinatura ö final do texto de sinfonia algunha. Neste senso, e preciso apuntar que os primeiros bocetos para a que chegaria a se-la süa prime- rira sinfonia remöntanse nada menos que a 1854, obra que non chegaria a bo porto ata 1876 -jmäis de 20 anos!-. Este “retraso” inquietou dende sempre a boa parte dos biögrafos do müsico hambur- gues. Neste senso, parte dos estudiosos da obra brahmsiana coinciden en apuntar coma causas desta, en aparencia, inexplicable demora, 6 enorme peso e influencia que sobre o xoven Brahms exercia o legado sinfönico beethoveniano que se erguia ameazante äs süas costas. Para apoiar este argumento establecen as aparentes similitudes -tanto en orquestraciön coma en citas- da ultima producciön sinfönica de Beethoven co primeiro traballo sinfönico de Brahms, teoria exposta polo director de orquestra Hans von Büllow trala estrea da obra e que o propio Brahms non se molestou en corrixir ou corroborar. Pero o que para algüns e evidencia, na müsica de Brahms pertence ö reino das apa- rencias. Paga a pena alterar esta percepciön da realidade para poder establecer unha nova visiön da creaciön sinfönica brahmsiana. Os primeiros apuntes musicais da primeira sinfonia remöntanse a 1854, xusto pouco des- pois do seu primeiro e decisivo encontro con Robert Schumann, de temperamento tan dife-