acordo coa tonalidade principal, creando asi relaciöns de dependencia coas que chega a estructura-lo acorde perfecto. Todo isto dano-las pistas coas que podemos atopar 6 verdadeiro Brahms, o Brahms que se atopa debaixo destes sofisticados compases e pentagramas; o müsico timido e introvertido que vestiu de rigor intelectual o mäis profundo do seu ser. Esta era a mellor arma para quen tivo que criarse entre tugurios de porto, prostitutas e marineiros, ganando unhas moedas tocando 6 piano os aires populäres demandados nas tabernas. Brahms aprendeu axina o camino da abstracciön, a via do ensono, para escapar dun mundo desagradable e hostil. Asi, a süa müsica e o espello desta complexa relaciön entre a forma e contido que esta enterra no mäis profundo, acadando asi un perfecto equi- librio de forzas. A obra No primeiro movemento, un Poco sostenuto -engadido unha vez esbozado todo o tempo- serve coma introducciön a un Allegro no que unha angustiosa exposiciön da pe a todo un discurso de celulas moi breves e ös seus perio- dos 6s que seguirä un segundo tema no oboe, tarnen moi breve, pois rapidamente xurdirä unha terceira idea temätica axitada e nerviosa. Pero estas ideas a penas esbozadas rapida mente, serän expostas agora con maior ampli- tude no desenvolvemento -tras unha repeticiön da reexposiciön que non tödolos directores de