abre cun ritmo de marcha que o instrumento solista desenvolverä no seu rexistro agudo. Pouco a pouco esbözase un segundo motivo contraposto, que deven nunha melodia recon- ciliadora. O virtuosismo irä en aumento. As trompas acabarän por retomar, en forma de fanfarria, o tema do comezo. O inicio da coda recorda dous temas do primeiro movemento. Aqui aparece, agora na voz do violin e as madeiras, un extracto do canto “Poida a mina alma”, que darä paso a un räpido estoupido orquestral. Johannes Brahms (1833/1897) Sinfonia n e 1 en Do menor, Op. 68 (1876) A lenta xestaciön Posiblemente o caräcter reservado e ata tüzaro de Brahms Ile impedise confia-los seus sentimentos ä gran forma orquestral por exce- lencia. Quizais fose o seu espirito emocional- mente introvertido o que o empuxou, dende os inicios na süa carreira coma creador, a confe- sa-los seus sentimentos ä pequena forma, ä müsica de cämara, un xenero no que a intro- versiön pode converterse no mellor dos recur- sos expresivos. Brahms sentiu sempre unha enorme fasci- naciön polo xenero cameristico, un mundo poboado de canciöns nas que textos e müsica se aünan nun perfecto equilibrio, cuartetos nos que confesiön e innovaciön corren pare- llas, müsica para piano na que un ünico ins trumento e capaz de converterse en mil voces diferentes.